martes, 28 de diciembre de 2010

Funcionalismo e Nova Plasticidade en boca de Sostres.

"O Funcionalismo leva ó arquitecto a unha maior liberdade e espontaneidade de expresión, grazas á diferenciación establecida entre o estrutural e o non estrutural, evitando así as solucións de compromiso entre ambos conceptos.
Especialmente, a disposición da estrutura en pés dereitos sostendo os planos dos pisos empregando as posibilidades prácticas da ménsula e da retícula porticada, en ferro, formigón ou madeira, permitiu que o desenvolvemento da fantasía plástica, facendo desaparecer o muro como elemento sustentante, non resulte, tanto técnica como economicamente, un propósito irrealizable na maioría dos casos. Independientemente do problema estrutural, tanto a fachada coma o interior puideron realizarse libremente mediante superficies, planas ou curvas, según conveña, correspondentes á natureza orgánica e funcional do edificio.
Desta maneira a arquitectura actual reivindica ademáis o tradicional respecto cara a estrutura dos grandes exemplos históricos onde o oco se abre nos puntos non activos do edificio. Con materiais lixeiros e de gran resistencia, e o seu emprego coa intención de valorar a esbeltez, a sutileza, as amplias luces, o Funcionalismo aporta tamén á arquitectura do noso tempo o triunfo do espíritu sobre a materia, ata agora representada polo mito estereotómico dos elementos pesados.
Sobre as bases do Racionalismo idealista xermánico e do Funcionalismo humanista e lírico de Le Corbusier, como forma de cultura continental, o xenio italiano desenvolve unha arquitectura sumamente sensitiva na que revive o carácter clásico da arquitectura do litoral mediterráneo manifestado nas constantes : módulo, porporción e corporeidade.
Seguindo esta traxectoria dende os principios analíticos e metafísicos septentrionais, ó sentido sintético e emotivo meridiomal, a arquitectura, liberada da súa atormentada busca da verdade utilitaria ou técnica, coñecida e superada neste medio século de continuas experiencias, pode xa desenvolverse actualmente de maneira máis amplia como estilo dentro da nova plasticidade.

(...) É agora máis necesario que nunca que estes anhelos de incorporar á arquitectura a vida no sentido meridional, que o Xeometrismo da primeira posguerra lle negara, estén debidamente equilibradas por unha alta sensibilidade estética e un esixente sentido crítico. Desta maneira poderase lograr que a Arquitectura actual sexa un fiel reflexo do espíritu do noso tempo." Pyrene, Olot, 1949.