1. Resumo da vivenda. Grupo R. Funcionalismo en boca de Sostres.

Resumo da vivenda.

A casa Moratiel (1955-1957) é unha obra do arquitecto catalán Josep María Sostres, pertencente ao chamado "Grupo R".
Está situada na Cidade Diagonal (Esplugues de Llobregat, Barcelona, España), unha urbanización tipo cidade xardín.
A casa Moratiel ten unha variada composición volumétrica, a pesar de estar desenvolta nunha soa planta. A natureza é outro punto fundamental na casa,integrándose e  sendo entendida como algo fundamental na mesma.
Sostres xoga cos elementos arquitectónicos creando unha obra rica e luminosa: unha enorme cantidade de materiais combinados de forma sutil, que respiran a través de fisuras, que crean vacíos, novos exemplos de como a vivenda se abre ao exterior, incluso a pesar da centralidade do patio interior, a cal acaba diluíndose tamén no entorno dinámico de toda a obra.


Grupo R.
 Fundado en 1951, o Grupo R estivo integrado por membros de dúas xeracións de arquitectos cataláns: uns , contemporáneos da Segunda República e titulados na década dos cuarenta, como Pratmasó, Coderch, Moragas ou Sostres; e outros que conseguiron o título a principios dos cincuenta como Oriol Bohigas, Martorell ou Pau Monguió.
 Este grupo foi froito do espírito inspirado no exemplo do GATPAC, fundado en 1930, que defendía unha arquitectura funcional, relacionado á súa vez cos CIAM en Europa.
 O grupo tieña un claro interese de recuperación das vangardas artísticas cuxo impulso foi interrumpido pola Guerra Civil.
De inspiración racionalista, e con vontade de cambiar a actividade desenvolta nos anos de posguerra, os seus integrantes permitiron a introducción da arquitectura moderna en Cataluña e en España.
                                                   Sostres con algúns membros do grupo R.

                                                       
Sostres en colaboración.
Paneis do concurso para vivendas económicas. 1949
                                  Sostres, Balcells, Aalto, Pratmarsó e Moragas no Park Güell, 1954.


Funcionalismo e Nova Plasticidade en boca de Sostres.
"O Funcionalismo leva ó arquitecto a unha maior liberdade e espontaneidade de expresión, grazas á diferenciación establecida entre o estrutural e o non estrutural, evitando así as solucións de compromiso entre ambos conceptos.
Especialmente, a disposición da estrutura en pés dereitos sostendo os planos dos pisos empregando as posibilidades prácticas da ménsula e da retícula porticada, en ferro, formigón ou madeira, permitiu que o desenvolvemento da fantasía plástica, facendo desaparecer o muro como elemento sustentante, non resulte, tanto técnica como economicamente, un propósito irrealizable na maioría dos casos. Independientemente do problema estrutural, tanto a fachada coma o interior puideron realizarse libremente mediante superficies, planas ou curvas, según conveña, correspondentes á natureza orgánica e funcional do edificio.
Desta maneira a arquitectura actual reivindica ademáis o tradicional respecto cara a estrutura dos grandes exemplos históricos onde o oco se abre nos puntos non activos do edificio. Con materiais lixeiros e de gran resistencia, e o seu emprego coa intención de valorar a esbeltez, a sutileza, as amplias luces, o Funcionalismo aporta tamén á arquitectura do noso tempo o triunfo do espíritu sobre a materia, ata agora representada polo mito estereotómico dos elementos pesados.
Sobre as bases do Racionalismo idealista xermánico e do Funcionalismo humanista e lírico de Le Corbusier, como forma de cultura continental, o xenio italiano desenvolve unha arquitectura sumamente sensitiva na que revive o carácter clásico da arquitectura do litoral mediterráneo manifestado nas constantes : módulo, porporción e corporeidade.
Seguindo esta traxectoria dende os principios analíticos e metafísicos septentrionais, ó sentido sintético e emotivo meridiomal, a arquitectura, liberada da súa atormentada busca da verdade utilitaria ou técnica, coñecida e superada neste medio século de continuas experiencias, pode xa desenvolverse actualmente de maneira máis amplia como estilo dentro da nova plasticidade.

(...) É agora máis necesario que nunca que estes anhelos de incorporar á arquitectura a vida no sentido meridional, que o Xeometrismo da primeira posguerra lle negara, estén debidamente equilibradas por unha alta sensibilidade estética e un esixente sentido crítico. Desta maneira poderase lograr que a Arquitectura actual sexa un fiel reflexo do espíritu do noso tempo." Pyrene, Olot, 1949.